Archive for Outubro, 2007

Alumnos avanzados: Carballesa

Luns, Outubro 29th, 2007
Para os alumnos que non comezades este ano deixo á vosa disposición a partitura orixinal da "Carballesa", a transcrición de don Casto, non a adaptación que fixen eu para os que comezaban este ano. Carballesa_avanzados Como veredes, é practicamente igual pero hai dous detalliños que cambian. Gustaríame que analizarades a partitura con ...

Táboa para a dixitación en pechado do Val do Lérez

Martes, Outubro 23rd, 2007
Velaquí tedes unha táboa na que se especifican as posicións da dixitación que empregamos na Aula dos Trazantes. Só están recollidas as notas da escala diatónica, é dicir, a escala natural, non a cromática. Máis adiante pendurarei unha táboa coas posicións desta última, pero, de momento, concentrádevos nesta. Táboa Dixitación ...

Alumnos de Iniciación: Carballesa

Xoves, Outubro 18th, 2007
Comezamos o curso traballando aspectos rítmicos e métricos. Principiamos polos ritmos binarios e o compás de 2/4, no que é moi frecuente atopar escritos algúns tipos de ritmos da música tradicional galega. Velaquí tedes a partitura en PDF dunha das pezas recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar: Carballesa_Iniciación. Neste ...

Ola Mundo!

Xoves, Outubro 11th, 2007
Benvido ao blogue de Sonsoles de Tenorio, aínda estamos en obras, desculpade as molestias. Para os que esteades impacientes por saber o que vou pendurar aquí xa vos anuncio que non vai ser cousa do outro mundo, simplemente será un xeito de publicitar a miña actividade como música, ofrecer contacto ...
Posted in Novas | 3 Comments »