Archive for the ‘Partituras’ Category

Preparámonos para o Corpus de Pontevedra

Venres, Abril 11th, 2008
Prezados alumnos, Deixo neste blogue do que pasades bastante unha serie de partituras de pezas relacionadas coa festividade do Corpus de Pontevedra, pois é moi posible que vaiamos tocar na procesión coma o ano pasado. Este ano gustaría que nos prepararamos mellor así que imos comezar xa. Como vedes hai dúas pezas: Marcha ...

Marcha Procesional de San Bieito

Xoves, Novembro 1st, 2007
Como prometera, vai a partitura a dúas voces da "Marcha Procesional de San Bieito". O venres tocarémola a dúas voces e darémola por sabida, os que aínda non a teñades segura practicade moito estes días que hai que seguir avanzando. Ãnimo! Marcha procesional de San Benito

Alumnos avanzados: Carballesa

Luns, Outubro 29th, 2007
Para os alumnos que non comezades este ano deixo á vosa disposición a partitura orixinal da "Carballesa", a transcrición de don Casto, non a adaptación que fixen eu para os que comezaban este ano. Carballesa_avanzados Como veredes, é practicamente igual pero hai dous detalliños que cambian. Gustaríame que analizarades a partitura con ...

Alumnos de Iniciación: Carballesa

Xoves, Outubro 18th, 2007
Comezamos o curso traballando aspectos rítmicos e métricos. Principiamos polos ritmos binarios e o compás de 2/4, no que é moi frecuente atopar escritos algúns tipos de ritmos da música tradicional galega. Velaquí tedes a partitura en PDF dunha das pezas recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar: Carballesa_Iniciación. Neste ...