As fronteiras da arte: un tolo que asasinou a un can para facer unha obra de arte

10 Marzo, 2008 por Sonsoles

No ano 2007, Guillermo Vargas Habacuc, un suposto ‘artista’, colleu un can abandonado da rúa, atouno a un vencello cortísimo na parede dunha galería de arte e deixouno alí para que morrese lentamente de fame e sede. Durante varios días, tanto o autor de semellante crueldade coma os visitantes da galería de arte presenciaron impasibles a agonía do pobre animal. Ata que finalmente morreu de inanición, seguramente tras pasar por un doloroso, absurdo e incomprensible calvario.

Pois iso non é todo: a prestixiosa Bienal Centroamericana de Arte decidiu, incomprensiblemente, que a animalada que acababa de cometer este suxeito era arte, e deste xeito tan incomprensible GuillermoVargas Habacuc foi invitado a repetir a súa cruel acción en dita Bienal en 2008.

Poderiamos discutir moito sobre se o que fixo este tío é arte ou non pero o que eu teño claro é que, aínda que o sexa, non debe ser repetida esta atrocidade ben sexa co beneplácito de capitalistas marchantes de arte e moito de menos ningunha institución “cultural”.
Dáme noxo o mundo en que vivimos. Ata a arte, que debería ser un refuxio, forma de evasión e guía para os nosos espíritos esgotados pola competitividade, a tensión, a agresividade e a atrocidade desta depravada sociedade, non é máis que un vertedoiro co que, encima, uns poucos traficantes enriquécense. Estou farta de fealdade, crueldade e sadismo, iso vémolo todos os días na tele e ao noso ao redor.

Como consumidora de arte eu demando beleza no sentido máis clásico da verba que é do que máis carece o noso mundo.

Arquivado en Novas |

2 comentarios para “As fronteiras da arte: un tolo que asasinou a un can para facer unha obra de arte”

  1. Calítoe.:., o 10 Marzo, 2008 ás 16:55, dixo:

    Amén.
    Mira que temos silicona dabondo para facer modelos da realidade sen ter que andar torturando animais…
    Polo visto o can ese estaba xa agonizante e non quería comer, pero un pouquichiño de auga podíanlle pór, que eu vin as fotos e non tiña nada ó redor.
    Por certo, o outro día as miñas clases de jazz-dance déronme unha idea “artística” que na miña humilde opinión é xenial. ¡Asústate! :D (Non, non maltrato animais).

  2. Silvia Novo Pérez, o 25 Marzo, 2008 ás 04:13, dixo:

    Al final estoy llorando de rabia. Es que yo quiero a mi perro muchísimo, incluso me he puesto alguna vez delante de un coche arriesgando mi vida para que no lo atropellasen y el día en que estuvo a punto de suceder,me temblaban las piernas de camino a casa pero fui feliz porque lo seguía teniendo a mi lado. Por eso no lo puedo comprender, prefiero no pensar que hay gente tan subnormal.

Deixar un comentario