Alumnos avanzados: Carballesa

29 Outubro, 2007 por Sonsoles
alumnos-avanzados-carballesa

Para os alumnos que non comezades este ano deixo á vosa disposición a partitura orixinal da “Carballesa“, a transcrición de don Casto, non a adaptación que fixen eu para os que comezaban este ano.

Carballesa_avanzados

Como veredes, é practicamente igual pero hai dous detalliños que cambian. Gustaríame que analizarades a partitura con detemento, que detectedes os cambios e os toquedes, tal cual está no orixinal. Unha vez feito isto estaría ben incorporarlle algúns adornos que, aínda que non están na partitura, os gaiteiros adoitamos introducir, como ben sabedes. Podedes poñelos onde queirades e o venres escoitaremos todas as versións na aula. Para non liarvos empregade só picados e mordentes.

Ãimo, que a inspiración os colla tocando!

Arquivado en Partituras |

Deixar un comentario