Alumnos de Iniciación: Carballesa

18 Outubro, 2007 por Sonsoles

PartiturasComezamos o curso traballando aspectos rítmicos e métricos. Principiamos polos ritmos binarios e o compás de 2/4, no que é moi frecuente atopar escritos algúns tipos de ritmos da música tradicional galega.

Velaquí tedes a partitura en PDF dunha das pezas recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar: Carballesa_Iniciación. Neste caso trátase dunha adaptación para os alumnos que dan os seus primeiros pasos na dixitación pechada. As carballesas son bailes similares ás muiñeiras pero máis ledas e animadas (se é posible!) en canto ao ritmo, poden estar escritas en 2/4 ou en 6/8 (a maioría das muiñeiras adóitanse escribir neste último). Parece ser que o seu nome ven dado pola zona donde a maior parte delas foron recollidas, as terras de Carballiño, provincia de Ourense.

Casto Sampedro y Folgar - Arquivo Gráfico do Museo de PontevedraO Cancioneiro elaborado por Casto Sampedro y Folgar é unha fonte fundamental para coñecer a música tradicional galega. Invítovos a que, a través de internet ou outras fontes, afondedes na figura deste senlleiro personaxe, e me escribades os resultados das vosas procuras en comentarios a este artigo.

Por outra banda todos sabemos onde está O Carballiño, non si? Tamén podedes escribir cousas sobre esta vila e a súa comarca nos comentarios.

Arquivado en Partituras |

2 comentarios para “Alumnos de Iniciación: Carballesa”

  1. Calítoe.:., o 21 Outubro, 2007 ás 00:59, dixo:

    A Wikipedia en galego dános pistas ;)

  2. Sonsoles, o 29 Outubro, 2007 ás 14:13, dixo:

    Xa funciona o enlace, tiven algúns problemiñas técnicos.

Deixar un comentario