Preparámonos para o Corpus de Pontevedra
11 Abril, 2008 por Sonsoles
Prezados alumnos,
Deixo neste blogue do que pasades bastante unha serie de partituras de pezas relacionadas coa festividade do Corpus de Pontevedra, pois é moi posible que vaiamos tocar na procesión coma o ano pasado. Este ano gustarÃa que nos prepararamos mellor asà que imos comezar xa.
Como vedes hai dúas pezas:
- Marcha de Xigantes: é unha especie de pasodobre bastante animado, moi sinxelo. Imos comezar por esta.
- Chucurruchú: olvidade a marcha que tocamos o ano pasado, esta parécese moito pero é moito máis guay pois é unha versión para gaita feita por FermÃn a partir dunha obra para 2 violÃns e violonchelo dun músico que se chamaba Igrexas Vilarelle e foi un persoeiro destacado na Pontevedra da primeira metade do século XX.
Propoño que busquedes información sobre esta festividade que tanta sona ten en Pontevedra, información como:
- Que se celebra
- Dende cando se celebra en Pontevedra
- En que consiste a celebración do Corpus en Pontevedra
Agardo as vosas aportacións, non me falledes
Sonsoles
Marcha de Xigantes de Corpus Para Acodeón
Marcha de Xigantes de Corpus Para Gaita
Arquivado en Audio, Partituras |
Agora xa funcionou o programa de midi, xa puiden ensaiar con el. A ver qué tal sae a actuación do 25. Supoño que ben, temos tanto talento! Bueno un saúdo e ata dentro dun pouco.
Alédome de que funcione. Averdade é que non lle fixen nada. A veces pasan cousas nas computadoras que as nosas mentes de materia blanda non poden comprender.
Pois iso, a ensaiar moito porque o talento se non se traballa non sirve de nada
Ãnimo!
Ninguén me dixo nada sobre a celebración do Corpus Christi. A verdade é que na rede non hai moita información sobre esta celebración na cidade de Pontevedra. Celébrase 60 dÃas despois do domingo de Pascua para conmemorar a EucaristÃa ou o momento no que Cristo deu aos apóstolos o seu corpo (o pan) e a súa sangue (o viño) .
Celébrase moito nas vilas mariñeiras, onde as cofradÃas ou agrupacións de pescadores mantiñan as imaxes e as sacaban en procesión. Dende o Renacemento (ss. XV-XVI) téñense novas acerca desta celebración en cidades galegas da costa como Pontevedra.
En algunhas vilas, como Redondela, a tradición está moi viva e o dÃa de Corpus sacan á rúa un dragón denominado Coca.
En moitos lugares as procesións fanse sobre alfombras de flores
En moitos lugares as procesións fanse sobre alfombras de flores. En Pontevedra e mesmo en Tenorio tamén, mais as alfombras de Ponteareas son moi sonadas. En YouTube hai un video moi interesante de como as deseñan: http://es.youtube.com/watch?v=7XLy7tfa9hQ
Sonsoles!!!
gustarÃame moito aprender as cancións para o baile! Quero sabelas,podes ensinárnolas ou ben darnos a partitura.